Benvidos e benvidas, amígos terrícolas!

Ola amigos terrícolas! Acabo de chegar na miña nave e caín nesta biblioteca, que bonita é! Ah! Por certo, chámome Casileo, son moi guapo e estou aprendendo a ler. Na miña galaxia somos todos moi parecidos, así coma vós, e non temos libros.Vou aproveitar a miña estancia na Terra para ler todos os libros que poida! Seguro que nalgún ata aparezo eu...!

jueves, 8 de marzo de 2012

Concurso "A Princesiña e o traballo"

Por mor do Día da Muller Traballadora, comezará esta semana o concurso "A Princesiña e o traballo". Xa moitos vos presentastes a anteriores concursos sobre o conto "O Principiño", e todos e todas lestes, ou polo menos, coñecedes o argumento deste conto; asique neste novo concurso se xuntarán os vosos coñecementos sobre "O Principiño" e o que se conmemora polo día de hoxe. As bases do concurso serán:


  1. Poderán presentarse todos os alumnos e alumnas do CEIP Rodolfo Núñez. 
  2. Haberá un premio para Educación Infantil e 1º curso de Educación Primaria e outro para o resto de Educación Primaria.
  3. Para o concurso de E. Infantil e 1º curso poderán presentarse ata un máximo de 2 debuxos coa temática "A Princesiña e o traballo", podendo levar este título ou outro título relacionado, da propia creación do alumnado.
  4. Para a Educación Primaria, poderán presentarse ata un máximo de 2 historias (medio folio ou un folio máximo, con debuxo relacionado, en folio e en bolígrafo azul ou negro ou ordenador). Non se precisa portada.
  5. Todos os traballos deben levar o nome, apelidos e curso da autora ou autor. Os traballos deben ser individuais.
  6. A data límite para entregar os traballos é o xoves día 15. Se lle entregarán ao titor ou titora, ou ao equipo da biblioteca. 
  7. O xurado valorará a calidade dos traballos e decidirá gañadores, e se expoñerán na biblioteca, tanto os premiados coma os que non o foron,  para que todo o centro valore a calidade de tales traballos. Tamén se poderán ver no blog.
Moito ánimo e participade neste concurso!! Pensade que princesiñas e principiños somos todos e todas, e que traballadores e traballadoras, tamén!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario