Benvidos e benvidas, amígos terrícolas!

Ola amigos terrícolas! Acabo de chegar na miña nave e caín nesta biblioteca, que bonita é! Ah! Por certo, chámome Casileo, son moi guapo e estou aprendendo a ler. Na miña galaxia somos todos moi parecidos, así coma vós, e non temos libros.Vou aproveitar a miña estancia na Terra para ler todos os libros que poida! Seguro que nalgún ata aparezo eu...!

sábado, 29 de septiembre de 2012

BO COMEZO DE CURSO!

Boas a todos e todas! O luns comezará outubro e con este novo mes a apertura da biblioteca. Este ano seguirá o blog en forma, e as normas da biblioteca serán similares ás dos anos anteriores:

  • Os martes, nos recreos da mañá, se poderá facer o cambio de libro.
  • Os libros se prestan durante unha semana.
  • Os libros deben tratarse ben e devolverse sempre en bo estado.
  • Non se admiten perdas de libros.
  • Haberá un horario para titorías e especialistas, para que poidan facer uso da biblioteca nas súas clases. De todas formas, sempre que a biblioteca estea baleira, se poderá facer uso dela.
  • Na biblioteca non se pode comer nin beber.
  • Na biblioteca non se pode correr, nin falar alto.
  • Os libros deposítanse no seu lugar unha vez usados.


Haberá encargados e encargadas da biblioteca, que terán as funcións de:

  • Manter o silencio na biblioteca e facer cumplir as normas.
  • Recoller os libros que non estean no seu lugar.
  • Informar á encargada da biblioteca do que ocorre dentro dela.
  • Axudar á encargada da biblioteca os martes no recreo.
Ademáis terán os privilexios de: 
  • Poden usar a biblioteca sempre que o precisen para traballar, incluso fóra do horario da biblioteca.
  • Poden levar libros durante 2 semanas en lugar de unha.
  • Poden levar 2 libros en vez de un.
  • Se enterarán de todas as novidades antes có resto do alumnado.