Benvidos e benvidas, amígos terrícolas!
Ola amigos terrícolas! Acabo de chegar na miña nave e caín nesta biblioteca, que bonita é! Ah! Por certo, chámome Casileo, son moi guapo e estou aprendendo a ler. Na miña galaxia somos todos moi parecidos, así coma vós, e non temos libros.Vou aproveitar a miña estancia na Terra para ler todos os libros que poida! Seguro que nalgún ata aparezo eu...!
viernes, 23 de marzo de 2012
Concurso lingüístico do 2º ciclo con gran nivel!!
O concurso lingüístico... que nivelón!!! on PhotoPeach
jueves, 22 de marzo de 2012
miércoles, 14 de marzo de 2012
Ponlle o nome que ti queiras aos amigos de Casileo!
Pon os nomes que queiras que reciban os amigos de Casileo no apartado de comentarios. Despois podes escribir qué nomes che gustan máis. O nome máis votado en cada mascota, será o que quede. Veña! Fai que a mascota se chame como ti queiras! Podes entrar as veces que queiras a votar!!
Noraboa aos nenos e nenas de Vilardevós e aos seus traballos sobre O Principiño!
jueves, 8 de marzo de 2012
Concurso "A Princesiña e o traballo"
Por mor do Día da Muller Traballadora, comezará esta semana o concurso "A Princesiña e o traballo". Xa moitos vos presentastes a anteriores concursos sobre o conto "O Principiño", e todos e todas lestes, ou polo menos, coñecedes o argumento deste conto; asique neste novo concurso se xuntarán os vosos coñecementos sobre "O Principiño" e o que se conmemora polo día de hoxe. As bases do concurso serán:
- Poderán presentarse todos os alumnos e alumnas do CEIP Rodolfo Núñez.
- Haberá un premio para Educación Infantil e 1º curso de Educación Primaria e outro para o resto de Educación Primaria.
- Para o concurso de E. Infantil e 1º curso poderán presentarse ata un máximo de 2 debuxos coa temática "A Princesiña e o traballo", podendo levar este título ou outro título relacionado, da propia creación do alumnado.
- Para a Educación Primaria, poderán presentarse ata un máximo de 2 historias (medio folio ou un folio máximo, con debuxo relacionado, en folio e en bolígrafo azul ou negro ou ordenador). Non se precisa portada.
- Todos os traballos deben levar o nome, apelidos e curso da autora ou autor. Os traballos deben ser individuais.
- A data límite para entregar os traballos é o xoves día 15. Se lle entregarán ao titor ou titora, ou ao equipo da biblioteca.
- O xurado valorará a calidade dos traballos e decidirá gañadores, e se expoñerán na biblioteca, tanto os premiados coma os que non o foron, para que todo o centro valore a calidade de tales traballos. Tamén se poderán ver no blog.
Moito ánimo e participade neste concurso!! Pensade que princesiñas e principiños somos todos e todas, e que traballadores e traballadoras, tamén!!
martes, 6 de marzo de 2012
lunes, 5 de marzo de 2012
Traballo sobre O Principiño
Suscribirse a:
Entradas (Atom)